#Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb

Fóra de Mapa - Podcast készítő Fóra de Mapa

Podcast artwork

Kategóriák:

O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo. Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e máis magrebís, e mantiveron a lingua, a rama occidental do djudeo-espanyol, o haketía.No século XX, a gran maioría dos sefardís do Maghreb abandonaron a súa rexión pra migrar a Israel, Estados Unidos, España ou Venezuela. Hoxe, a comunidade esfórzase por conservar o seu patrimonio material e inmaterial, comezando pola súa fala.